Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana

Unha exposición interactiva que propón actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das persoas, como intentar reproducir nun teclado unha melodía ou probar os reflexos e a axilidade nun panel con pulsadores a diferentes alturas que hai que tocar cando se acenden.

A exposición ten como fío condutor a teoría das intelixencias múltiples de Howard Gardner, premio Príncipe de Asturias. Considera que a intelixencia é a habilidade que utilizamos para resolver problemas, para elixir o camiño que mellor leva a un obxectivo, ou para crear produtos importantes na contorna social.

Gardner describe a existencia de oito intelixencias, e defende que podería haber máis. A lingüística e lóxico-matemática son as que clasicamente recibiron maior importancia. Ademais destas, tamén considera a musical, a cinética, a espacial, a interpersoal, a intrapersoal e a naturalista. Afirma que todos as temos, e que todas teñen igual importancia para o éxito na vida. O que nos diferencia sería o grao de desenvolvemento de cada unha e a súa peculiar combinación coas demais.

Así, propóñense ao longo da exposición actividades que poñen en práctica as diferentes habilidades das persoas, como intentar reproducir nun teclado unha melodía, clasificar unhas figuras de extraterrestres, observando as súas diferenzas e similitudes, intentar reproducir un debuxo seguindo as instrucións verbais que lles dá outra persoa, ou xogar cun aparello con pulsadores a diferentes alturas que o/a visitante debe pulsar o máis rápido posible cando se acenden.

Elemento máis emblemático

O elemento máis emblemático desta exposición é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas na súa maior parte por escolares galegos.

Entre marzo e xuño de 2012 os Museos Científicos Coruñeses convocaron o programa de participación Doa a túa neurona para a construción de neuronas de forma artesanal. Formulouse como un exercicio de ciencia e creatividade, que servise ademais de homenaxe ao descubridor destas células, Santiago Ramón y Cajal. Participaron 780 persoas, a maior parte escolares de toda Galicia (de 74 centros educativos), que construíron 709 neuronas. Con elas creouse a rede neural que preside esta exposición.

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?