16 de maio de 2023
Inclúe obradoiros, conferencias e xornadas de orientación para alumnado de ESO e bacharelato dedicadas a campos como videoxogos, animación, produción audiovisual e intelixencia artificial dende unha perspectiva STEAM.
STEAMdomus é un novo programa xuvenil que busca promover a importancia das artes na educación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas á hora de lle proporcionar á mocidade, e en particular ás mozas, unha educación máis completa e unha visión máis ampla do seu futuro laboral.
As materias STEM son capaces de lles ensinar ás persoas o valor da creatividade, a innovación, a comunicación e a observación. Por iso esta proposta formula un programa de actividades para avanzar na educación STEAM. Cando se introduciu en educación o termo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, polas súas siglas en inglés) buscábase un ensino destas materias dunha forma máis integrada. Recentemente, o termo STEM ampliouse para incluír o A, que representa as Artes, como forma de destacar a importancia da creatividade na educación STEM.
STEAMdomus inclúe obradoiros, conferencias e xornadas de orientación para alumnado de ESO e bacharelato dedicadas a campos como videoxogos, animación, produción audiovisual e intelixencia artificial desde unha perspectiva STEAM. As xornadas, que terán lugar pola mañá, serán os días 15, 18, 19 e 22 de maio e consistirán en:
• Encontro con profesionais da animación, os videoxogos, a produción audiovisual e a intelixencia artificial da man dos organizadores de Mundos Digitales, o Congreso Internacional de Animación, vfx e novos medios.
• Participación no escape room «Misión Domus».
• Visita ás salas de exposición da Domus.
É un proxecto subvencionado pola Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible