Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2023

A Domus programa unha actividade sobre o impacto da intelixencia artificial no cinema de animación e os efectos visuais

Terá lugar o venres 22 de setembro a partir das 18.30 horas, con entrada gratuíta ata completar capacidade

Este evento está dirixido a público xeral, maior de 8 anos, e estará dedicado a explorar o cinema de animación, os efectos visuais e a intelixencia artificial.

Na sesión intervirán:

- Mundos Dixitais, organizador do Congreso Internacional de animación, efectos visuais e nova media, mostrará como é o mundo da animación e os efectos visuais.

- A produtora Emotional Films convidará a falar cos seus avatares en tempo real e a coñecer as súas películas personalizadas ao instante con intelixencia artificial.

- O estudio coruñés Antaruxa, gañador do Goya pola película de animación «Valentina», descubrirá ao público o mundo da animación.

A actividade está englobada nas xornadas educativas STEAMDomus outono que inclúen diversas sesións para escolares e profesorado. Trátase dun programa que busca promover a importancia das artes na educación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas á hora de proporcionar unha educación máis completa e unha visión máis ampla do futuro laboral da mocidade.

Proxecto subvencionado pola Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión