19 de setembro de 2023
Terá lugar o venres 22 de setembro a partir das 18.30 horas, con entrada gratuíta ata completar capacidade
Este evento está dirixido a público xeral, maior de 8 anos, e estará dedicado a explorar o cinema de animación, os efectos visuais e a intelixencia artificial.
Na sesión intervirán:
- Mundos Dixitais, organizador do Congreso Internacional de animación, efectos visuais e nova media, mostrará como é o mundo da animación e os efectos visuais.
- A produtora Emotional Films convidará a falar cos seus avatares en tempo real e a coñecer as súas películas personalizadas ao instante con intelixencia artificial.
- O estudio coruñés Antaruxa, gañador do Goya pola película de animación «Valentina», descubrirá ao público o mundo da animación.
A actividade está englobada nas xornadas educativas STEAMDomus outono que inclúen diversas sesións para escolares e profesorado. Trátase dun programa que busca promover a importancia das artes na educación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas á hora de proporcionar unha educación máis completa e unha visión máis ampla do futuro laboral da mocidade.
Proxecto subvencionado pola Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible