Concello da Coruña

Concello da Coruña

Volven «Os anexos do Aquarium»

Unha visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae que inclúe o acceso ao laboratorio, a cociña, as corentenas e as salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

As entradas poden adquirirse desde as 10.00 horas do 25 de outubro aquí

Horario:

Sábado 28 de outubro, de 11.30 a 13.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10 euros por persoa.

Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas poden adquirise desde as 10.00 horas do mércores 25 de outubro aquí.

Requisitos:

O itinerario percorre corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan cada día polos seus tanques. Tamén será unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan en manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas para os seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida ademais para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o 28 de outubro ás 11.30 horas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión