1 de abril de 2023
O prazo de presentación de traballos finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do premio.
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca un ano máis os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza xa a súa trixésimo sexta convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Texto inédito e audoeditado, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.
As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do 1 de xuño.
Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 18 de novembro de 2023.
As bases da convocatoria e as fichas de participación están dispoñibles en: www.coruna.gal/mc2/gl/prismas
Tamén che pode interesar

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible