Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2026

«Antropoceno», nova exposición no Aquarium

Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

Denomínase antropoceno á nova época xeolóxica que a humanidade creou alterando o clima, a xeoloxía e o ecosistema planetario. As causas son o modelo de produción de enerxía a partir dos combustibles fósiles e o excesivo consumo de recursos dunha poboación que non deixa de crecer. As consecuencias son alteracións no clima, no ciclo da auga, a destrución de ecosistemas mariños e terrestres, o aumento de fenómenos meteorolóxicos extremos, a acidificación dos océanos, o desxeo da criosfera e o incremento do nivel do mar. A solución está en utilizar fontes de enerxía renovables e non contaminantes, e no uso responsable dos recursos naturais. Ignorar os riscos pode resultar extremadamente custoso.

A exposición, que se presenta na sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae, quere manter o seu obxectivo por fomentar a sensibilización social cara á crise ambiental que estamos a vivir. Contén cincuenta imaxes que mostran as balsas de decantación da mina de Riotinto, Huelva, con lodos alaranxados repletos de sustancias tóxicas, a central eléctrica de carbón de Belhatów, Polonia, a máis grande e contaminante de Europa, refuxiados climáticos asentados nos suburbios de Accra, Ghana, o parque fotovoltaico Núñez de Balboa, Badaxoz, o maior de Europa, a planta termosolar de Cerro Dominador, Chile, a máis grande de América, o lixo electrónico enviado ilegalmente a Ghana para evitar custos de reciclaxe, ou o glaciar Birch, que colapsou e sepultou o pobo de Blatten, Suíza. Tamén hai imaxes de escenarios máis próximos, como a dun grupo de mulleres en labores de limpeza na costa de Fisterra tras a vertedura do petroleiro Prestige, dos incendios en Galicia durante o verán de 2025, ou das mariscadoras das Rías Baixas, unha actividade que segue un plan de competitividade e sustentabilidade.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión