Charla a cargo de Ana Digón Elsden, comunicadora e presidenta da Asociación de Agricultura Rexenerativa
Para público en xeral
22/02/2024
Xa rematou
Xoves 22 de febreiro, ás 19.00 horas
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala
CorBi Foundation e Fundación Juana de Vega
A sostibilidade xa non é suficiente: habemos de rexenerar, devolverlle a vida, aos nosos chans, ás nosas economías locais e ás contornas rurais e urbanas, para poder producir, de forma rendible, alimentos saudables para todos os seres. Todo iso é posible se vinculamos a acción rural e social aos recursos naturais, rexenerándoos a través da produción alimentaria nun camiño que se resume nestas 7 Ms que nos presentan desde a Asociación ibérica de Agricultura Rexenerativa.
Esta charla forma parte do programa das I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible