Unha peza teatral de Verdeveras Expresións Artísticas
Xuvenil, Para público en xeral
10/12/2025
20.00 horas
65 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
O mércores 10 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Centro Ágora, teremos a representación da obra de teatro As formas do amor, dirixida a todo tipo de público (de máis de 12 anos).
O Servizo de Normalización Lingüística organiza este espectáculo teatral, dentro das accións de fomento e promoción da lingua galega, para a poboación en xeral. Co fin de traballarmos unha lingua de calidade e promover a difusión de actividades culturais, representarase esta obra actual e lúdica na que todas as persoas espectadoras se senten reflectidas.
Unha peza alegre, chea de música, conmovedora e necesaria polo seu impacto positivo en valores nos que cremos: o amor, a igualdade entre mulleres e homes, a necesidade de mostrar en teatro masculinidades sensibles, e a posibilidade de construír vínculos saudables e respectuosos, especialmente nos momentos de dor ou separación. Necesitamos novas historias de amor de parella, novas narrativas, que nos afasten do obvio, do ridículo, do estereotipado, do violento e do competitivo e que, ao mesmo tempo, sexan nosas. Podemos contar algo máis sobre o amor?
Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo dun tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volvérense atopar por primeira vez. Unha viaxe polas emocións. Unha historia que dá para falar e reflexionar sobre iso que chamamos "amor".
A entrada será libre e gratuíta, ata se completar a capacidade do auditorio do centro.
Ligazón ao tráiler: https://i.gal/4qzI6

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible