Sesións para xaneiro, febreiro e marzo de 2025
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.
Os nenos e as nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores.
Para público en xeral
Dende o 11/01/2025 ata o 30/03/2025
Xa rematou
Prazas esgotadas. Lista de espera
Das 11.00 ás 12.30 horas, os días:
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
264 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9.00 horas do xoves 9 de xaneiro, premendo aquí.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do primeiro trimestre de 2025 da actividade "Aventura coas focas".
Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederase ás plataformas exteriores onde se alimentan e de revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e as nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de 2 menores.
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba pagar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do xoves 9 de xaneiro ás 9.00 da mañá.
As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible