Sesións para outubro e novembro de 2025
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.
Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.
Para público en xeral
Dende o 18/10/2025 ata o 30/11/2025
Reserva de entradas en liña a partir das 9.00 horas do 15 de outubro. PRAZAS ESGOTADAS. LISTA DE ESPERA
Das 11.00 ás 12.30 horas, os días:
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
108 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9.00 horas do 15 de outubro, premendo aquí.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións de outubro e novembro de 2025 da actividade «Aventura coas focas».
Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederase ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do 15 de outubro ás 9.00 da mañá.
As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible