Concello da Coruña

Concello da Coruña

PEV1316

Axudas Plan Estatal de Vivendas 2013/2016 (Mariñeiros/Elviña)

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación

Vixente:

Si

Esta convocatoria ten como finalidade a concesión de subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación durante o ano 2022 dos edificios e vivendas dentro das seguintes áreas:

Serán subvencionables os seguintes tipos de obra da área de Rexeneración e Renovación Urbana:

  1. Núcleo de San Vicente de Elviña (2ª fase) na Coruña, delimitado pola Xunta de Galicia, con data 22 de xullo de 2015, para o PEV 2013-2016.
  2. Grupo de Vivendas dos Mariñeiros (5ª fase) na Coruña, delimitado pola Xunta de Galicia o 19 de outubro de 2009, para o PEV 2013-2016.

Estas actuacións encádranse nas determinacións dos acordos subscritos o 26 de outubro de 2017 no marco do PEV 2013-2016, e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a a súa execución, conforme co establecido no artigo 3 do PEV 2013-2016 e no artigo 2 da Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS.

O Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana está regulado nos artigos 25 a 30 do PEV 2013-2016, e as bases reguladoras das axudas previstas neste programa están recollidas na Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS (DOG 124, de 30.07.2017).

Axudas Plan Estatal de Vivendas 2013/2016 (Mariñeiros/Elviña)

Inscricións:

Dende o 21/01/2022 ata o 21/03/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán resultar beneficiarias das axudas quen asuma a responsabilidade da execución integral da actuación delimitada pola actuación, e de forma concreta:

  • Nas obras sobre elementos comúns, as comunidades de propietarios/as e cada un dos propietarios/as, en proporción á súa cota de participación no inmoble ou outra repartición acordada polos propietarios do inmoble de acordo á normativa de aplicación.
  • Nas obras para rehabilitación no interior das vivendas, a persoa propietaria, ou ocupante con autorización da propiedade. Se a subvención se solicita por unha persoa distinta do propietario, cando exista entre estas persoas unha relación ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, deberán achegarse os ingresos tanto das persoas ocupantes como das persoas propietarias.
  • Cando as persoas beneficiarias sexan persoas físicas, deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación; as persoas estranxeiras non comunitarias deberán ter a residencia legal en España.
  • As persoas e entidades beneficiarias das axudas deberán reunir os requisitos establecidos no art. 6.2 do PEV 2013-2016.
  • Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, Xeneral de Subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa solicitante.
  • Para o caso de que a persoa solicitante sexa unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán ser cumpridos polos seus membros.
  • Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe desta, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, no seu caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal. A repartición da axuda será o que sinalase a propia comunidade ou agrupación nos acordos iniciais ou nos posteriores que se poidan achegar antes da resolución da concesión.
  • En todo caso, as persoas interesadas, ao formular unha solicitude, sométense ao cumprimento das condicións da convocatoria e demais normativa reguladora que sexa de aplicación ao obxecto das axudas.

Requisitos:

Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, ou aquelas as cales se lles revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou entidade solicitante.

Sen prexuízo do anterior, a concorrencia a esta convocatoria coas mesmas obras coas que se poida presentar a convocatorias anteriores de axudas municipais, supoñerá a solicitude de desistimento automático na convocatoria municipal.

Estas subvencións son compatibles con calquera outra axuda pública, a condición de que a suma do importe de todas elas non supere o custo total da actuación concreta, coas especialidades que se indican.

De conformidade co artigo 28 do PEV 2013-2016 estas axudas serán incompatibles coas subvencións procedentes do Programa de rehabilitación enerxética do mesmo plan estatal.

Prezo / Custo:

A porcentaxe que se atope fóra do límite máximo subvencionable.

Órgano que resolve:

A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).

Máis información:

Contía das subvencións:

O importe destinado ao financiamento destas axudas fíxase en 1.155.102,55 € con cargo á aplicación orzamentaria 30.1522.78010 e as súas subdivisionarias do orzamento municipal do 2022, e condicionado á existencia de crédito suficiente e adecuado no momento da adquisición do compromiso de gasto, coa seguinte repartición:

Contías da convocatoria
Área NÚCLEO SAN VICENTE DE ELVIÑA (2ª fase) GRUPO DE VIVENDAS DOS MARIÑEIROS (5ª fase) Total
Código de proxecto 2017 3 30 2 2017 3 30 1
Achega Ministerio de Fomento 45.317,77 € 459.225,85 € 504.543,62 €
Achega Xunta de Galicia 12.947,94 € 131.207,38 € 144.155,32 €
Achega Concello dá Coruña 47.317,76 € 459.225,85 € 506.403,61 €
Total 105.443,47 € 1.049.659,08 € 1.155.102,55 €

Custo subvencionable

As porcentaxes e límites das subvencións serán os indicados no PEV 2013-2016, e nos acordos da comisión bilateral aprobados para cada caso, tendo carácter complementario entre eles.

  • Subvención estatal

A contía máxima das axudas non poderá exceder do 35% do custo subvencionable da actuación, e calcularase multiplicando o número de vivendas pola axuda unitaria de 11.000 euros por cada vivenda obxecto da actuación.

  • Subvención autonómica

Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.

  • Subvención do Concello da Coruña.

Ata 6.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 35% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.

Procedemento de Tramitación

O servizo de Rehabilitación e Vivenda, como responsable da instrución do procedemento, revisará a documentación achegada e verificará o cumprimento de todos os requisitos e a presentación da documentación necesaria.Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase ás persoas interesadas para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos no prazo máximo e improrrogable de 10 días, con indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.Se o montante total das subvencións que cumpren os requisitos fose superior aos créditos dispoñibles, as restantes solicitudes quedarán desestimadas por esgotamento de crédito orzamentario, unha vez finalizada a tramitación dos expedientes.

  • Proposta de resolución:

Unha vez examinadas as solicitudes presentadas e a documentación achegada, e verificado o cumprimento de todos os requisitos, incluída a obtención do título habilitante, o órgano instrutor formulará unha proposta de resolución, que deberá expresar o solicitante ou relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, e a súa contía, especificando a avaliación e os criterios de técnicos seguidos para efectuala. O expediente de concesión de subvencións conterá o informe proposta do órgano instrutor no que conste que da información que obra na seu poder despréndese que as persoas beneficiarias cumpren todos os requisitos necesarios para acceder a elas. A proposta de resolución notificarase ás persoas interesadas ou será obxecto de publicación na sede electrónica municipal, para que no prazo de dez días comuniquen a súa aceptación ou renuncia ao órgano instrutor. Transcorrido este prazo sen producirse a aceptación expresa, a subvención entenderase tacitamente aceptada. No caso de que a solicitude de subvención coincida coa subvención proposta, non se outorgará este trámite de audiencia.A proposta non crea dereito algún a favor da persoa beneficiaria fronte á administración, mentres non se lle notificou a resolución da concesión. Redactarase a correspondente proposta de cualificación provisional e solicitarase a correspondente cualificación provisional ao IGVS nos termos xa indicados neste apartado.

Na tramitación destas subvencións, seguirase o procedemento de cualificación provisional das actuacións previsto no artigo 16 da Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS.

  • Resolución:

Á vista das subvencións que constan na proposta de resolución e que foron aceptadas, ou que son coincidentes coas solicitudes, e tras a obtención da cualificación provisional, o órgano competente resolverá o procedemento. A competencia para a resolución adoptarase en función das delegacións da Xunta de Goberno Local do 28.06.2019 (BOP núm.124 do 03.07.2019) en función do importe da axuda concedida, correspondendo ao concelleiro de urbanismo, vivenda, infraestruturas e mobilidade, a concesión de subvencións de cuxo importe non supere os 60.000 € e á Xunta de Goberno Local, aqueles que superen devandito importe.

O procedemento de cualificación definitiva das actuacións será o establecido no artigo 17 da Orde do 23 de xuño de 2017 do IGVS.

Presentación

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA, NO CASO DE SOLICITUDE DE PERSOAS FÍSICAS:

a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables sobre destino e ocupación do inmoble, e no seu caso, declaración doutras persoas que figuren como cotitulares do inmoble.

b) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).

c) Anexo de persoas titulares do inmoble ou beneficiarios sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, o Real Decreto 233/2013, de 5 de abril , polo que se regula o Plan estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 e as súas prórrogas, así como o Decreto da Xunta de Galicia 18/2014, de 13 de febreiro e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras, deberá incluír a declaración que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.

d) Documento nacional de identidade (DNI) ou Número de identificación de estranxeiría (NIE) do solicitante, no caso que a presentación da solicitude sexa presencial, ou en caso de representación.

e) Acreditación da representación, no seu caso.

f) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA, NO RESTO DE CASOS (PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE PROPIETARIOS, COMUNIDADES DE BENS E CALQUERA OUTRO TIPO DE FORMA COLECTIVA, CON E SEN PERSONALIDADE XURÍDICA):

a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables do seu representante da entidade, que se atopan debidamente constituídas.

b) Copia do acta ou certificación, emitida pola persoa que exerza as funcións de secretario/a da comunidade, comprensiva do acordo da comunidade de persoas propietarias, co seguinte contido:

  • Aprobación da presentación da solicitude da subvención obxecto desta convocatoria
  • Designación da persoa que representa legalmente á comunidade e no seu caso, designación da persoa que a representa na tramitación do expediente de subvención
  • Autorización ou aprobación das obras, con indicación da cota de participación de cada vivenda no custo das mesmas.
  • Elección do orzamento, de entre os solicitados. Este documento terá que reunir os requisitos do artigo 19 da lei 49/1960, de 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.

d) Relación de persoas propietarias do edificio, con indicación da súa identidade e a referencia catastral de cada vivenda e local, así como a indicación da cota de participación no inmoble, todo iso para o caso de que as obras se realicen en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).

f) Anexo coas declaracións responsables de cada persoa propietaria ou beneficiaria sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei subvencións Xunta, PEV 2013-2016 e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias, deberá incluír a declaración de que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.

DOCUMENTACIÓN COMÚN:

Para todas as solicitudes, deberá ademais achegarse a seguinte documentación técnica:

a) Proxecto ou memoria técnica, redactada e asinada por persoa técnica/profesional competente, no que se describan as obras para executar e a súa valoración, coa desagregación das partidas. O proxecto ou memoria técnica deberá indicar, así mesmo, os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras para realizar. Para aquelas obras que precisen proxecto técnico, o orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras, será o recolleito no devandito documento elaborado con prezos segundo bases oficiais; será o orzamento base para o cálculo da subvención.

b) Orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras para as que se solicita subvención. No caso de que o importe da obra supere 40.000 € (IVE non incluído), terá que achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación da obra, e xustificar expresamente nunha memoria técnica a elección cando non se acepte a proposta máis económica, conforme a criterios de eficiencia e economía. Non será necesaria esta memoria cando polas especiais características das obras non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, nin cando as obras teñan iniciado con anterioridade á apertura do prazo de presentación da actual convocatoria, o que deberá xustificarse mediante certificación emitida pola súa dirección facultativa ou, en ausencia desta, mediante declaración responsable do promotor.

c) Licenza, comunicación previa e/ou autorizacións necesarias para a execución das obras. Cando as actuacións se realicen ao amparo dunha comunicación previa, esta deberá presentarse antes da finalización do prazo para a solicitude das axudas ás que se refire esta convocatoria.

d) No caso de actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, e cando cumpra segundo o establecido na base 4.b.1 desta convocatoria, informe de avaliación cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do PEV 2013-2016, ou alternativamente ao establecido polo Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e créase o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.

Documentos relacionados

  • Modelo 01. PEV-13-16 Solicitude Subvención Axudas Plan Est. Viv. (195 KB)
  • Modelo 02. PEV-13-16 Declaración responsable e consulta de datos dos membros (639 KB)
  • Modelo 03. PEV-13-16 Xustificación de execución da obra. (787 KB)
  • Modelo 04. PEV-13-16 Oposición motivada consulta datos a outras AAPP (611 KB)
  • Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros (520 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

*Consultar o apartado: "Documentación necesaria".

No caso de que a solicitude se tramite de maneira presencial (só posible para persoas físicas), deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), Xustificación da titularidade do edificio, Anexo de persoas titulares do inmoble ou beneficiarios (Modelo 02), Documento nacional de identidade (DNI) ou Número de identificación de estranxeiría (NIE) do solicitante, Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, Proxecto ou memoria técnica, Orzamento aprobado da obra desagregado por partidas e Licenza ou comunicación previa.

A Declaración responsable e autorización de consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 02). O Modelo 03 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento. E finalmente para poder cobrar a subvención será necesario entregar o modelo de solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros.

Como se fai?:

Aqueles suxeitos que non estean obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, poderán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide. apartado "Onde se fai")

Internet

Que se necesita?:

No que caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.

Deberá dispoñer de certificado electrónico.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1682

Este procedemento é o adecuado para presentar solicitudes novas nesta convocatoria de axudas.

Se xa a presentou con anterioridade, e só desexa incorporar máis documentación á mesma, ou se o concello pediulle que emende a súa solicitude, deberá utilizar o seguinte procedemento:

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria.

O período utilizado para a corrección de deficiencias, achega de documentos e reformulación de solicitudes interromperá devandito prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O vencemiento do devandito prazo máximo sen notificar a resolución, lexitima ás persoas interesadas para entender desestimada por silencio administrativo a súa solicitude de concesión da subvención.

Serán de aplicación as disposicións referidas aos prazos xerais contidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou normativa que a substitúa.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Corrección

Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando este trámite da Sede Corrección Axudas Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 (Mariñeiros/Elviña)

Recursos

Contra a resolución ditada, poderase interpoñer:

- Recurso potestativo de reposición

- Recurso contencioso-administrativo

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión