De Laila Ripoll e Mariano Llorente
Para público en xeral
Dende o 27/09/2019 ata o 28/09/2019
Xa rematou
20.30 h
130 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Antonia e Isabel reciben o día da morte da súa nai unha caixa pechada que a defunta gardara durante anos e cuxa existencia descoñecían.
Esa caixa contén algunha carta, fotografías, postais, medallas, mapas, obxectos, en fin, que veñen cuestionar todo o que Antonia cría acerca da súa familia.
Isabel négase a mirar e non se fai preguntas.
Antonia e a súa filla Ana, con todo, miran, preguntan, inquiren, reflexionan, dubidan, atorméntanse e perseguen á pantasma dun avó e dun bisavó que non parece ser o que elas crían.
Todo iso para desazón de Zoran, o paciente e atento marido e pai iugoslavo das nosas protagonistas.
A procura do avó levaraas a emprender unha viaxe real e física que se iniciará en Santander e acabará en Banja Luka, alá na afastada Bosnia.
Pero o itinerario dos personaxes que van aparecendo na trama e na historia levaranos a Barcarés, Lourdes, París, Toulouse, Mauthausen, Roma, Saraievo, Kravica, Jasenovac...
Cada obxecto abre unha xanela, e cada xanela abre un ramallete de interrogacións, e cada resposta a esas preguntas abre unha ferida e cada ferida un racho e un asombro e un desasosego e algunha casualidade e moitas causalidades.
A volta a España será a vitoria de dúas mulleres que vén cargadas de malas noticias, dunha dor irreparable e dun coñecemento das persoas que lles rodean que fará que a súa vida xa nunca volva ser a mesma.
Con
Nieves Soria: Charlatana, Almira
Arantxa Aranguren: Antonia
Juanjo Cucalón: Zoran
María Álvarez: Teresa, Carmen, Muller musulmá
Puchi Lagarde: Isabel, Emiliana, Irena
Carolina Herrera: Ana, Antonia (aboa)
Mariano Llorente: Bernardo Roig, Esteban, Home
Carlos Jiménez: Alfaro: Domingo, Marko
Néstor Ballesteros: Músico
Dirección: Laila Ripoll
Producciones Micomicón
*Venda de entradas a partir do 9 de setembro
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible