De Ramón María del Valle-Inclán, adaptación de Ainhoa Amestoy
Para público en xeral
Dende o 23/01/2026 ata o 24/01/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
120 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Don Friolera, un militar preocupado pola reputación e a disciplina, empeza a sospeitar que a súa esposa, Dona Loreta, élle infiel con Pachequín, o barbeiro. Estas conxecturas xorden tras a chegada dunha nota anónima, e os posteriores rumores e insinuacións dos seus veciños e coñecidos.A suposta infidelidade de Dona Loreta convértese nunha obsesión para Don Friolera, o cal trama unha radical vinganza para restaurar a súa dignidade: cegado polos celos, proponse asasinar á súa esposa e ao suposto amante. A confrontación culmina nunha serie de eventos tráxicos e irónicos que subliñan a hipocrisía e o absurdo código da honra, á vez que reflicten a crítica social e cultural, e o ton grotesco do esperpento.Valle-Inclán adopta unha estrutura audaz á hora de presentar a historia, expondo tres visións desta: a través dun hilarante teatro de monicreques, mediante unha obra teatral ao uso e como un romance de cego.
Con Miguel Hermoso, Armando del Río, Lidia Otón, Ester Bellver, Miguel Cubero, Pablo Rivero Madriñán, José Bustos, Iballa Rodríguez
Dirección e adaptación: Ainhoa Amestoy
Unha produción de Estival Producciones para Teatros del Canal
Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible