24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza en 2026 o seu trixésimo novena convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proyect singular, Libro editado e Proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano. Ademais, concederase un Prisma Especial do Xurado a persoas ou institucións que se significaron pola súa especial contribución á divulgación científica.
Todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma Especial do Xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.
Para participar nesta XXXIX Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas entre o 1 de maio e o 1 e xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar aquí.
Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 14 de novembro de 2026.
Tamén che pode interesar

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible