Concello da Coruña

Concello da Coruña

SAPEV1316

Corrección Axudas Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 (Mariñeiros/Elviña)

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación

Vixente:

Si

Ten por obxecto a achega de documentación para a corrección das solicitudes de axudas do Plan Estatal de Vivenda 2013/2016 (convocatoria 2022).

Corrección Axudas Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 (Mariñeiros/Elviña)

Inscricións:

Dende o 21/01/2022 ata o 31/07/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas que presentasen solicitude de Axudas do Plan Estatal de Vivenda 2013/2016 (convocatoria 2022), e fosen requiridos para emendar algún trámite, documento ou necesiten achegar outra documentación á mencionada solicitude.

Requisitos:

Achegar a documentación requirida no prazo que se estableza na notificación de requirimento.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Presentación

Prazo de presentación:

Lei 39/2015, Artigo 68. Corrección e mellora da solicitude.

1. Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos ou outros esixidos pola lexislación específica aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21.

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA, NO CASO DE SOLICITUDE DE PERSOAS FÍSICAS:

a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables sobre destino e ocupación do inmoble, e no seu caso, declaración doutras persoas que figuren como cotitulares do inmoble.

b) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).

c) Anexo de persoas titulares do inmoble ou beneficiarios sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, el Real Decreto 233/2013, de 5 de abril , polo que se regula o Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016 e as súas prórrogas, así como o Decreto da Xunta de Galicia 18/2014, de 13 de febreiro e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras, deberá incluír a declaración que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.

d) Documento nacional de identidade (DNI) ou Número de identificación de estranxeiría (NIE) do solicitante, no caso que a presentación da solicitude sexa presencial, ou en caso de representación.

e) Acreditación da representación, no seu caso.

f) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA, NO RESTO DE CASOS (PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE PROPIETARIOS, COMUNIDADES DE BENS E CALQUERA OUTRO TIPO DE FORMA COLECTIVA, CON E SEN PERSONALIDADE XURÍDICA):

a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables do seu representante da entidade, que se atopan debidamente constituídas.

b) Copia do acta ou certificación, emitida pola persoa que exerza as funcións de secretario/a da comunidade, comprensiva do acordo da comunidade de persoas propietarias, co seguinte contido:

  • Aprobación da presentación da solicitude da subvención obxecto desta convocatoria
  • Designación da persoa que representa legalmente á comunidade e no seu caso, designación da persoa que a representa na tramitación do expediente de subvención
  • Autorización ou aprobación das obras, con indicación da cota de participación de cada vivenda no custo das mesmas.
  • Elección do orzamento, de entre os solicitados. Este documento terá que reunir os requisitos do artigo 19 da lei 49/1960, de 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.

d) Relación de persoas propietarias do edificio, con indicación da súa identidade e a referencia catastral de cada vivenda e local, así como a indicación da cota de participación no inmoble, todo iso para o caso de que as obras se realicen en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).

f) Anexo coas declaracións responsables de cada persoa propietaria ou beneficiaria sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, Lei subvencións Xunta, PEV 2013-2016 e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias, deberá incluír a declaración de que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.

DOCUMENTACIÓN COMÚN:

Para todas as solicitudes, deberá ademais achegarse a seguinte documentación técnica:

a) Proxecto ou memoria técnica, redactada e asinada por persoa técnica/profesional competente, no que se describan as obras para executar e a súa valoración, coa desagregación das partidas. O proxecto ou memoria técnica deberá indicar, así mesmo, os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras para realizar. Para aquelas obras que precisen proxecto técnico, o orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras, será o recolleito no devandito documento elaborado con prezos segundo bases oficiais; será o orzamento basee para o cálculo da subvención.

b) Orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras para as que se solicita subvención. No caso de que o importe da obra supere 40.000 € (IVE non incluído), terá que achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación da obra, e xustificar expresamente nunha memoria técnica a elección cando non se acepte a proposta máis económica, conforme a criterios de eficiencia e economía. Non será necesaria esta memoria cando polas especiais características das obras non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, nin cando as obras iniciáronse con anterioridade á apertura do prazo de presentación da actual convocatoria, o que deberá xustificarse mediante certificación emitida pola súa dirección facultativa ou, en ausencia desta, mediante declaración responsable do promotor.

c) Licenza, comunicación previa e/ou autorizacións necesarias para a execución das obras. Cando as actuacións se realicen ao amparo dunha comunicación previa, está deberá presentarse antes da finalización do prazo para a solicitude das axudas ás que se refire esta convocatoria.

d) No caso de actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, e cando cumpra segundo o establecido na base 4.b.1 desta convocatoria, informe de avaliación cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do PEV 2013-2016, ou alternativamente ao establecido polo Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e créase o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.

Documentos relacionados

  • Modelo 02. PEV-13-16 Declaración responsable e consulta de datos dos membros (639 KB)
  • Modelo 03. PEV-13-16 Xustificación de execución da obra. (787 KB)
  • Modelo 04. PEV-13-16 Oposición motivada consulta datos a outras AAPP (611 KB)
  • Modelo 05 Corrección PEV 2013-2016 Solicitude de Axudas (147 KB)

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a solicitude no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide. apartado Onde se fai)

Internet

Que se necesita?:

No caso de tramitación electrónica, deberá cubrir o formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR dentro da lapela de PRESENTACIÓN e achegar a documentación de corrección que proceda.

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1702

Teléfono

Despois

E despois?:

Xustificación

Deberá xustificarse o gasto efectivamente realizado a través deste procedemento.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión