30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas
O Día da Ciencia na Rúa cumpre 30 edicións e, nesta ocasión, debido ás obras de remodelación que se están realizando no Parque de Santa Margarita, a actividade trasládase aos xardíns de Méndez Núñez, con 54 jaimas nas que alumnado, profesorado e persoal de centros educativos, institucións científicas e centros universitarios despregarán o seu programa de actividades para todos os públicos.
Ademais, nos soportais da Casa das Ciencias desenvolveranse tamén actividades paralelas ofrecidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, a Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturales e Deportivas universitarias), e un taller de papiroflexia.
Nesta edición participarán 44 centros educativos da Coruña, Cambre, Carral, Arteixo, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Ribadeo, Ortigueira, Baio e Poio. As numerosas propostas deste ano inclúen proxectos tecnolóxicos, como unha mano robótica feita con materiais caseiros, un robot, filtrador de plásticos para area, un sensor de humidade feito con transistores ou xoguetes eléctricos con materiais reciclados; tamén haberá actividades de extracción de ADN, experiencias para mostrar os efectos da choiva aceda sobre as pedras dos monumentos, reaccións químicas que parecen trucos de maxia e unha gran variedade de experiencias e xogos sobre bioloxía, botánica, física e outras disciplinas científicas. Nesta edición contarase tamén coa participación de escolares da Escola Infantil de Monte Alto, que levarán unha representación a gran escala do firmamento, para convidar aos máis pequenos a descubrir as estrelas, planetas e constelaciomes.
Xunto ao alumnado de todos os niveis educativos tamén participan profesionais da investigación e a divulgación, que presentarán un diverso programa de contidos científicos para toda a cidadanía nas jaimas da Cátedra Emalcsa-UDC co seu programa de divulgación COAWA, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade dá Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), o Servizo Municipal de Educación da Coruña e a asociación Luzada da USC
Ademais o palco dos Xardíns de Méndez Núñez será escenario da emisión de dous programas de radio, un deles a cargo do Colectivo de Universitarios Activos (CUAC FM), e dun espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas. Tamén se suma nesta edición a Unidade Móbil de Transfusión de Sangue, que se estará de 11 15 horas no Cantón Grande.
Xornada de portas abertas nos Museos Científicos
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10 a 19 horas (último acceso ás 18 horas no Aquarium, ás 18.30 horas en casa das Ciencias e Domus).
A visita ás salas de exposición da Casa das Ciencias será libre, sen reserva previa, pero para asistir a unha sesión de Planetario hai que retirar invitacións, que estarán dispoñibles a partir das 9 horas do 8 de maio nesta ligazón.
A visita á Domus será libre, sen reserva previa, pero o acceso a MiniDomus, o novo espazo para nenos e nenas de ata 6 anos acompañados de polo menos unha persoa adulta, esixirá a realización dunha reserva previa que poderá facerse desde as 9 horas do 6 de maio nesta ligazón.
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón,
Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
Organizado por , Museos Científicos Coruñeses-Concello da CoruñaAsociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible