Os Museos Científicos Coruñeses terán entrada gratuíta este día, con reserva de entrada previa para asistir as sesións de Planetario, visitar o Aquarium Finisterrae e acceder ao espazo MiniDomus
Para público en xeral
09/05/2026
Sábado 9 de maio de 11 a 19 horas
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Gratis
Sesións de planetario da Casa das Ciencias con reserva de entradas, dispoñibles desde as 9 horas do 8 de maio nesta ligazón
Acceso a espazo MiniDomus con reserva de entradas, dispoñibles desde as 9 horas do 6 de maio nesta ligazón.
Visitas ao Aquarium Finisterrae con reserva de entradas, dispoñibles desde as 9 horas do 6 de maio nesta ligazón,
Organizado por:
Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña Asociación de Amigos da Casa das Ciencias Cátedra EMALCSA-UDC
O Día da Ciencia na Rúa cumpre 30 edicións e, nesta ocasión, debido ás obras de remodelación que se están realizando no Parque de Santa Margarita, a actividade trasládase aos xardíns de Méndez Núñez, con 54 jaimas nas que alumnado, profesorado e persoal de centros educativos, institucións científicas e centros universitarios despregarán o seu programa de actividades para todos os públicos.
Ademais, nos soportais da Casa das Ciencias desenvolveranse tamén actividades paralelas ofrecidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, a Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturais e Deportivas universitarias), e un taller de papiroflexia.
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10 a 19 horas (último acceso ás 18 horas no Aquarium, ás 18.30 horas en casa das Ciencias e Domus).
A visita ás salas de exposición da Casa das Ciencias será libre, sen reserva previa, pero para asistir a unha sesión de Planetario hai que retirar invitacións, que estarán dispoñibles a partir das 9 horas do 8 de maio nesta ligazón.
A visita á Domus será libre, sen reserva previa, pero o acceso a MiniDomus, o novo espazo para nenos e nenas de ata 6 anos acompañados de polo menos unha persoa adulta, esixirá a realización dunha reserva previa que poderá facerse desde as 9 horas do 6 de maio nesta ligazón.
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.
Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
Pode consultarse o programa do Día da Ciencia na Rúa descargando o PDF interactivo adxunto no recuadro superior desta páxina.

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible