Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2025

Ditame do xurado dos XXXVIII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña

O xurado da XXXVIII convocatoria do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, reunido os días 19 e 20 de setembro de 2025, decidiu outorgarlles os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:

• Mellor traballo en vídeo: Querida gaivota maldita!, de Manuel Pedrosa Sánchez e Mariam Marino Casal, por reivindicar o papel das gaivotas nos nosos ecosistemas costeiros a través dunha coidada produción audiovisual.

• Mellor traballo en novos medios: Reacciona Explota, canle de Youtube de Aythami Soto Rodríguez, por espertar o asombro narrando con profundidade aspectos pouco coñecidos da ciencia.

• Mellor proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano: Agua clara, de Stéphanie Aparicio Antón, por presentar con claridade e sentido do humor cuestións esenciais sobre a xestión e o consumo de auga.

• Mellor artigo xornalístico: Rodeados de microplásticos: la contaminación minúscula que bebemos, comemos y respiramos, de Clemente Álvarez e Laura Navarro, publicado en El País, por presentar un tema relevante con mirada ampla e solidez gráfica e narrativa.

• Mellor traballo en radio: ¿Por qué andamos con dos piernas?, de Xaviera Torres e Raquel Martín Alonso, para RTVE, un programa luminoso que partindo da curiosidade infantil chega a todos os públicos.

• Mellor proxecto singular: Més que ciència, de Daniel Amatller, por combinar as novas tecnoloxías e a calidez da atención personalizada para levar a divulgación científica ás persoas maiores ou en situación de dependencia.

• Mellor libro editado: ¿Por qué soñamos? Y otras grandes preguntas sobre dormir y el sueño, de Pablo José Barrecheguren Manero, en Plataforma Editorial, por contar de forma rigorosa e amena a importancia do sono e os soños.

Ademais, o xurado decidiu outorgarlle o Prisma Especial do Xurado ao Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC), por un sólido proxecto de comunicación científica caracterizado pola calidade e a audacia na exploración de novos formatos.

Tamén se decidiu outorgar mencións honoríficas nas modalidades seguintes:

Mención honorífica na categoría de artigo xornalístico para Él darrer alè del mar d'Áral, de Laura Carrau Pascual e Rafael Marcé Romero, publicado en Revista Mètode, por desvelar as consecuencias globais dunha catástrofe ambiental causada pola acción humana.

Mención honorífica na categoría de proxecto singular para Hypatia II: abriendo el espacio a la mujer da Associació Hypatia Mars, por promover referentes femininos na ciencia e na exploración espacial.

O premio Prismas é unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo.

A entrega dos premios terá lugar nun acto que se realizará o sábado 15 de novembro na Coruña.

Composición do xurado

- Presidente: Luis Alcalá, paleontólogo e museógrafo

- Mónica Salomone, xornalista científica, directora de comunicación do CNIO

- Silbia López de Lacalle, xornalista e divulgadora científica

- Sergio Rodríguez Roiloa, profesor da Área de Ecoloxía na Universidade da Coruña e director da Cátedra EMALCSA-UDC

Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo Museos Científicos Coruñeses, actuou como secretario do xurado.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión