17 de agosto de 2020
O exemplar de «Hippocampus abdominalis» presentaba unha malformación de nacemento, un orificio no seu abdome por onde lle saían as vísceras.
A atención veterinaria diaria no Aquarium Finisterrae mantén o benestar da súa fauna. Estes coidados aplícanse a todos os animais, desde os de maior tamaño, como as focas, até os máis pequenos, como os peixes pallaso. Así, o pasado mes de xuño, un exemplar de caballito de mar de oito centímetros nado na Casa dos Peixes, da especie Hippocampus abdominalis, tivo que ser intervido cirurxicamente para o manter con vida.
Presentaba unha malformación de nacemento no abdome, un orificio polo que lle saían os órganos internos. Nunha primeira intervención, introducíronlle as vísceras no seu interior e pechouse o buraco. Uns días despois, logo de que a ferida cicatrizase, someteuse a unha segunda operación na que se lle retiraron os puntos. Ambas as intervencións tiveron que se realizar coa axuda dunha lupa, debido ao pequeno tamaño do peixe.
Unha vez que se comprobou que se movía con normalidade e que estaba recuperado, devolvérono ao tanque co resto dos exemplares da súa especie.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible