Concello da Coruña

Concello da Coruña

Durmindo con tiburóns

Actividade para nenos e nenas de 10 e 11 anos na que realizarán talleres sobre a bioloxía dos tiburóns e durmirán na Sala Nautilus

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 24/10/2025 ás 20:00 , 28/11/2025 ás 20:00

Xa rematou

Inscricións:

Prazas esgotadas

Horario:

Desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas por sesión

Prezo:

45 euros

20 euros para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

AQUÍ, o formulario de preinscrición que abre o luns 6 de outubro ás 9.00 h

Requisitos:

  • Admitiranse nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015 (será necesario acreditalo documentalmente).
  • Hai que aboarlle, mediante unha transferencia bancaria, os 45 € do prezo da actividade á Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (20 € para os nenos e nenas membros da AACC).
  • Deberase cubrir e asinar (pais/nais ou titores/as) os documentos que sexan requiridos pola organización.
  • Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal.
  • Cea e almorzo: cada participante deberá levar a súa comida e utensilios.

Organiza:

Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza, en colaboración co Aquarium Finisterrae, unha actividade para nenos e nenas de 10 e 11 anos na que realizarán talleres sobre a bioloxía dos tiburóns ou quenllas (identificación, reprodución, alimentación etc.) e durmirán na Sala Nautilus rodeados de peixes e tiburóns.

Convocaranse dúas sesións para os meses de outubro e novembro, dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, cun máximo de 20 prazas por sesión, e desenvolveranse nun horario que se estende desde as 20.00 horas dun venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para as dúas sesións, que serán o 24 de outubro e o 28 de novembro, abrirase en liña ás 9.00 horas do luns 6 de outubro neste formulario. Terán preferencia os nenos e nenas que non acudisen á actividade con anterioridade.

Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.

Programa de actividades en cada sesión

Venres

  • 20.00 horas. Chegada e recepción no Aquarium Finisterrae.
  • 20.30 a 22.00 horas. Taller sobre bioloxía das quenllas. Itinerario para identificar as especies do acuario, comezando no módulo de incubación de ovos destes peixes. Comezamos o taller de manualidade para facer un dente de quenlla.
  • 22.00 - 22.30 h. Cea.
  • 22.30 h. Alimentación de melgachos e roxas na sala de corentena.
  • 23.30 h. Retirada para durmir na Sala Nautilus.

Sábado

  • 09.00 - 10.00 h. Diana, aseo, almorzo.
  • 10.00 - 11.00 h. Finalizamos o taller para facer un dente de quenlla.
  • 11.00 h. Recollida das persoas participantes.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión