Conferencia a cargo do Dr. Lluis Montoliu, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC).
Para público en xeral
14/05/2018
Xa rematou
19.30 horas
Entrada libre ata completar a capacidade
Nesta charla explicará que son e de onde veñen as ferramentas CRISPR e para que serven. Mediante exemplos sinxelos ilustrará as súas múltiples aplicacións en edición xenética, para alterar a vontade a secuencia do ADN de calquera organismo. Esta tecnoloxía revolucionaria está chamada a xerar solucións innovadoras en bioloxía, biotecnoloxía e biomedicina. Ademais dos beneficios e das utilidades Montoliu sinalará as limitacións e os desafíos aos que nos enfrontamos para trasladar, con seguridade, esta tecnoloxía ao mundo real.
O traballo que desenvolve o Dr. Montoliu intenta entender como están organizados os xenes no noso xenoma e investiga sobre enfermidades raras, como o albinismo, usando modelos animais editados xeneticamente mediante as ferramentas CRISPR. O seu laboratorio intenta contribuír ao diagnóstico xenético universal de todas as persoas con albinismo no noso país e ao desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas que poidan aliviar ou resolver a severa discapacidade visual que afecta as persoas con albinismo.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible