«El enigma Agustina» es un novedoso espectáculo de divulgación científica, denominado triformato, que combina radio en directo, cine y teatro.
Para público en xeral
15/11/2019
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.
agustina-pelicula-producida-por-el-instituto-astrofisica-andalucia-iaa
«El enigma Agustina» é un novo espectáculo de divulgación científica, denominado triformato, que combina radio en directo, cinema e teatro. A obra conta a historia de Agustina Ruiz Dupont, nacida en Almuñecar a finais do século XIX e criada en París, onde se licenciou en Física e converteuse nun personaxe de primeiro nivel desde o punto de vista científico. Agustina, nun momento da súa vida, abandona todo e dedícase a percorrer os pobos de España para explicar a ciencia dunha maneira innovadora, a través de cancións populares coa letra adaptada a un contido científico.
O triformato «El enigma Agustina» foi premiado co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular, cuxo fallo se deu a coñecer o pasado 29 de setembro.
A entrega dos premios Prismas 2019, que inclúe outras sete modalidades, terán lugar o sábado 16 de novembro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible