17 de xullo de 2023
A mostra contén as imaxes gañadoras do concurso máis prestixioso que se convoca en Europa, European Wildlife Photographer of the Year.
O Aquarium Finisterrae acolle na sala Isabel Castelo a exposición Fotografías da Natureza 2023, que contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year, o concurso de fotografía de natureza máis grande e máis prestixioso de Europa. O seu obxectivo é incrementar a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente entre o público. A exposición está organizada en nove seccións: Aves, Mamíferos, Outros animais, Mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, O ser humano e a natureza, Forma e composición e Novos fotógrafos.
Nesta convocatoria do concurso recibíronse 20.413 fotografías de 1.218 participantes procedentes de 37 países. Grazas á pericia técnica e artística dos fotógrafos e fotógrafas e, en moitas ocasións, á sorte, podemos contemplar aspectos sorprendentes, puntos de vista insólitos e perspectivas marabillosas.
Persoas gañadoras
O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo ruso Mike Korostelev, cunha imaxe titulada O mundo dos hipopótamos. Alemaña, con 15 galardoados, España con 14 e Italia, con 8 continúan sendo os paises con maior presenza entre o total dos 84 premios outorgados. Entre os españois recoñecidos, Adria Mas Escandell resultou gañador na categoría de Novos fotógrafos.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible