29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán das 10.00 ás 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Os Museos Científicos Coruñeses estrean o luns 1 de xullo o seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Durante eses dous meses abrirán as súas portas desde as 10.00 h ata as 20.00 h, aínda que o acceso pechará ás 19.00 h no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e a Domus.
Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas dos seus catro plantas, o planetario ofrecerá a diario 5 sesións para diferentes públicos:
Ademais, do 9 ao 14 de agosto todas as sesións de planetario (excepto na das 17.00 horas) dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.
A Domus ofreceralle ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana; ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican.
No Aquarium Finisterrae, ademais dos seus contidos habituais, ofreceranse diversas actividades e obardoiros sen necesidade de inscrición nin custo adicional á entrada de acceso ao museo:
Alimentación no Nautilus. O público pode observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de tiburóns como o touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres ás 11.30 h.
Alimentación de focas. Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 h.
Monólogos no Aquarium. Charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, cabaliños de mar, axolotes, medusas...), ofrecidas polo persoal de atención ao público. Todos os días ás 13 e ás 18.30 horas.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible