ITEUP
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas, Comercio
Si
Obtención da autorización municipal para instalar terrazas en espazos de uso público nalgunha das seguintes modalidades:
Instalación de terrazas en espazos de uso público (nova solicitude)
Poderá solicitar a autorización para instalación de terraza o titular da licenza de actividade do establecemento hostaleiro.
Presentar a documentación requirida á que deberá achegarse o xustificante de pago das taxas
Autorización suxeita a taxa:
O pago das taxas da ordenanza 1 é un depósito previo segundo o disposto nas Ordenanzas Fiscais, polo que o xustificante do pago deberá achegarse á solicitude.
O pago realizado en concepto de depósito previo non supón que a persoa interesada estea autorizada. É necesario obter a correspondente autorización, da que se deberá ter unha copia no momento da realización da ocupación.).
Titular da Concellería de Infraestruturas e Mobilidade
As modificacións tramitaranse como nova solicitude.
Normativas relacionadas
Documentación xeral
No caso de persoa xurídica documento que acredite a representación do solicitante.
En caso de atoparse en tramitación, fotocopia da instancia de solicitude correspondente, con expresión de data e número de rexistro de entrada.
- A fronte da fachada do establecemento e acceso/ s ao mesmo.
- Elementos de mobiliario que se pretendan instalar colocados en disposición de servizo ao usuario.
- A superficie total a ocupar polos elementos que compoñen a terraza.
- A xeometría completa da beirarrúa, rúa ou espazo público.
- Franxas de itinerario peonil libre.
- Localización de calquera elemento situado na área de influencia da ocupación e que sexa preciso contemplar á hora de garantir o espazo libre necesario para compatibilizar o resto de usos do espazo público, con indicación da distancia existente entre a terraza e devanditos elementos (pasos de peóns coas súas costas de acceso e bandas de identificación, elementos de sinalización e mobiliario e/ou equipamento urbano, acceso a inmobles lindeiros, saídas de emerxencia, vaos, rexistros e arquetas de servizos, paradas de transporte público, árbores e alcorques, zonas axardinadas, etc.).
Toda a información deberá reflectirse convenientemente coutada e con indicación de escala.
Documentación específica
No caso de terrazas sitas en espazos de dominio privado e uso público
No suposto de terrazas con cerramento estable
1) Memoria, na que se incluirá unha descrición pormenorizada das características da instalación da terraza e na que se acreditará expresamente o carácter desmontable.
2) Planos: incluiranse tantos planos como sexan necesarios, para a definición en detalle dos elementos que se pretendan instalar. Polo menos, será necesario incluír, en función de cada caso concreto, os seguintes (ademais da indicada na documentación xeral):
- Planta xeral.
- Plano de planta dos elementos de cubrición superior, no seu caso, no que se reflictan pendentes, puntos de recollida de augas, etc.
- Alzados (laterais, frontal e posterior) e seccións.
- Planos de estrutura, nos que se reflectirá, especificamente, o sistema de suxeición ou apoio, no seu caso.
- Planos de instalacións, no seu caso.
- Planos de detalles. Presentaranse tantos como sexa necesario para permitir a correcta execución da terraza solicitada, prestando especial atención aos detalles de unións e nós entre elementos estruturais.
3) Anexo de cálculo da estrutura, cuxo contido será o establecido na normativa vixente de aplicación. Neste documento incluiranse as esixencias relativas á capacidade portante, aptitude ao servizo, accións e combinacións consideradas, coeficientes de seguridade, comprobación dos estados límites e de estabilidade ( pandeo), seguridade fronte ao envorco, deslizamento e levantamento.
4) Xustificación acerca da adecuación da instalación pretendida á vixente en materia de prevención e extinción de incendios, evacuación, estabilidade e clasificación de produtos en función das súas propiedades de reacción e resistencia ao lume.
Así mesmo, indicarase expresamente, no seu caso, que as instalacións (tales como climatización, iluminación,etc) proxéctanse conforme a normativa vixente
Documentos relacionados
Rexistrar a solicitude de autorización para instalación de terrazas en espazos de uso público segundo modelo 037 xunto coa documentación necesaria que, para cada caso, establece a ordenanza municipal.
A relación desta documentación anéxase co impreso oficial e, ademais, pode consultarse no arquivo adxunto Información para a instalación de terrazas en espazos de uso público dentro dos apartado Documentos Relacionados.
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=482
Un mes desde a presentación da documentación completa.
Desestimatorio
Contra a resolución que se dite, poderase interporner:
- Recurso potestativo de reposición.
- Recurso contencioso-administrativo.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible