Xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.
Para público en xeral
20/05/2023
Xa rematou
Entrada libre ata completar capacidade
O IV Encontro da Noite, organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contará coa participación de profesionais de diversos ámbitos, como a cronobióloga María Anxos Bonmatí, o ornitólogo Sergio París, o pintor e ilustrador Xosé Cobas, a experta en literatura infantil e xuvenil María Xesús Fernández, o escritor portugués Rui Lage e o biólogo Juan José Negro.
Ao longo das sesións que terá lugar na Domus a partir das 11.00 horas do sábado 20 de maio, en horario de mañá e tarde, abordaranse diversos temas relacionados coa contaminación luminosa, a preservación da escuridade natural nocturna e a posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.
O programa completo, aquí.
24 de novembro de 2023
Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro haberá diversas actividades e proxeccións.
7 de novembro de 2023
Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano a Semana da Ciencia, de entrada gratuíta, incluirá dúas fins de semana.
10 de outubro de 2023
Foron outorgados os Prismas de Bronce en sete das oito categorías do premio, quedando deserta a de texto inédito ou autoeditado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible