«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Capacidade máxima de 25 persoas por obradoiro
Para público en xeral
Consulta a sección de Visitas escolares
Taller PCR: Investigamos a escena do crime
Experimentando coa técnica da PCR (reacción en cadea da polimerasa), o alumnado poderá simular a elaboración de perfís de ADN tal e como se realizan habitualmente nos laboratorios forenses. Duración: 2 horas e media. Nivel educativo: 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Xperimenta coas flores
Cada estudante realizará a súa propia disección de flores con todo o equipo científico que se utiliza ao investigar a natureza. Duración: 1 hora. Nivel educativo: 3º a 6º de Primaria.
Bocados
Un obradoiro para descubrir a nutrición como nunca a viras. Exploraremos os cereais, faremos cociña molecular e aceptaremos o reto dun concurso moi saboroso. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: 5º de Primaria a 4º de ESO.
Como se desenvolven os fármacos?
Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o Párkinson. Duración: 2 horas. Nivel educativo: Educación Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.
Diseccións en directo
Nivel educativo: Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Duración: 1 hora
Artistas da prehistoria
Un taller no que tomar o papel dun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: Educación Primaria (3º a 6º) e Educación Secundaria (1º e 2º).
ExploraDomus Escola
A cociña é un laboratorio de ciencia! Un obradoiro para explorar a ciencia máis próxima. Duración: 1 hora e media. Nivel educativo: Educación Primaria (1º e 2º).

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible