Experimentando coas narrativas e formatos dixitais
Para público en xeral
18/01/2020
Xa rematou
10:00-20:00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
A primeira actividade do #LAIC no 2020 será este Laboratorio Transmedia: unha actividade que abordará as posibilidades que ofrecen as narrativas e os formatos dixitais en proxectos culturais, sociais ou educativos.
A sesión será facilitada por Andrea L. Lozano, xornalista especializada en comunicación interactiva, e é unha oportunidade para iniciarse na creación dun proxecto transmedia, orientándose a múltiples sectores: desde profesionais do audiovisual a persoas con proxectos culturais, educativos ou sociais interesados na aplicación das narrativas dixitais.
As prazas son limitadas. Podédesvos inscribir a través deste formulario.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible