19 de xaneiro de 2024
A mostra está formada por pezas artísticas realizadas a partir de residuos recollidos do mar
«Lixo exquisito» constitúe un referente en arte feita ao cento por cento con residuos mariños e está composta por 14 pezas escultóricas e 4 cadros colaxe creados pola asociación artístico-ambiental RetoqueRetro, da Coruña. Son obras que, a pesar da súa gran beleza artística, encerran unha mensaxe de alerta sobre a contaminación do medio ambiente por materiais que alteran os ecosistemas e teñen importantes prexuízos ecolóxicos e económicos.
As esculturas representan algunhas das especies mariñas máis comúns das nosas costas, como un cabracho realizado con cepillos de dentes, restos de xoguetes e escarvadentes de batea; unha pescada creada a partir dun pneumático retorto e a aleta das rodas dun Renault 6; un bonito que ten como parte principal a tapa dun váter; un golfiño confeccionado con dous asentos e a roda dunha bicicleta; unha centola cuxo cacho é un caldeiro dos que se usan nos barcos do palangre; un corvo mariño feito con 513 palliñas; ou un cabaliño de mar construído con 1.000 pinzas de roupa. Todos estes materiais, e todos cos que están construídas o resto das pezas, foron recollidos nas praias de Galicia.
RetoqueRetro, colectivo constituído polo trío de artistas Isabel García, Javier Serantes e Ana Lee, leva desde o ano 2012 percorrendo as praias galegas denunciando a contaminación plástica, investigando a orixe dos residuos e transformando en arte o lixo que trae o mar.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
16 de abril de 2025
O prazo de presentación de traballos finaliza o 2 de xuño nas oito modalidades do certame
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible