7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
Un grupo de escolares de 11 anos do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, decorou unha gran vela de 60 metros cadrados con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta e do mar en concreto. Forman parte do grupo denominado «Limpamundos» que, desde o centro escolar, dedícase a limpar "todo aquilo que lles gusta do planeta".
O xoves 7 de marzo visitaron o Aquarium Finisterrae, que expón a súa vela instalada na sala Maremagnum. Permanecerá aí ata o 15 de maio, cando a izarán nun veleiro que chegará ao porto da Coruña.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible