5 de decembro de 2020
No vídeo pódense ver uns dos pequenos exemplares cazando un cangrexo.
Cinco exemplares de polbo común, da especie Octoupus vulgaris, de apenas 10 centímetros de tamaño, viven desde hai uns días nun dos tanques da sala Maremagnum, onde poden ser observados polo público.
Estes polbos teñen cinco meses de vida e un peso duns oito gramos. Son resultado dun proxecto de investigación destinado a estudar as fases larvaria e xuvenil do polbo, realizado no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT, Universidade de Vigo).
O proceso que deu orixe a estes polbos comezou nun laboratorio de ECIMAT en marzo de 2020. Unha das femias reprodutoras empezou a realizar unha posta de centos de miles de ovos. Este proceso levoulle algo máis de tres semanas, xa que fiaba os ovos de un en un, formando colares de entre 600-1400 ovos cada un. Tras a posta, estivo máis de dous meses limpando e osixenando todos os ovos con moito coidado día e noite.
O 25 de maio eclosionaron os ovos dos que naceron estes polbos que, nese momento, eran tan grandes como medio gran de arroz e tiñan só tres ventosas en cada brazo. Tras dous meses nos que nadaban constantemente, se alimentaban e crecían rápido, alcanzaron o que se coñece como fase de asentamento, na que pasan máis tempo no fondo do tanque para descansar. Nese momento tiñan xa entre 23 e 28 ventosas en cada brazo e uns 80-100 mg de peso. Ademais a súa pel comezou a cambiar e en poucas semanas encheuse dunhas células que cambian de cor e lles axudan a camuflarse.
Agora, pasados tres meses desde o inicio da fase de asentamento, chegaron ao Aquarium Finisterrae, onde o público pode observalos e coñecer os detalles do proceso que deu lugar ao seu nacemento.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible