23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
Cada verán o persoal de mantemento biolóxico sae coa embarcación do Aquarium Finisterrae a realizar capturas de especies. Nesta ocasión capturáronse sardiñas (Sardina pilchardus), unha especie moi coñecida entre o público e de grande importancia pesqueira e económica que é pouco habitual ver en acuarios, xa que son peixes moi delicados de manipular.
A recolección dos peixes supón un reto cando se pretende conseguir a máxima supervivencia do conxunto dos exemplares recollidos e o maior benestar do animal. Para iso deben adaptarse as artes de pesca tradicionais ás características de cada especie, buscar os cardumes óptimos, as zonas máis adecuadas e a meteoroloxía propicia para lograr unha captura precisa e eficiente.
No caso das sardiñas, a captura debe ser extremadamente coidadosa, como se mostra neste vídeo. Primeiro cércase o cardume mantendo un gran volume libre dentro da rede para evitar danos. Despois retíranse as pequenas sardiñas con xerras e deposítanse nun tanque con subministración de osíxeno e circulación de auga para ser trasladados ás corentenas do Aquarium Finisterrae. Alí aliméntanas incorporando tratamentos preventivos e antiparasitarios. A manipulación debe ser delicada en todo momento, pois son moi nerviosas e perden as escamas con facilidade.
Finalizado o tempo de corentena, trasládanse ao tanque de exposición para mostralas ao público. É unha especie moi rechamante polas súas grandes escamas prateadas e porque forman densos bancos que se comportan coma se fosen un só ser, cun movemento similar a un fluído para facer fronte aos perigos que as axexan.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible