12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
As imaxes, realizadas durante 2021 e 2022 nas Illas Azores e na costa galega polo biólogo mariño Anxo Cao, mostran diferentes detalles destes mamíferos mariños, como a grande aleta caudal dun cachalote cando se mergulla para cazar nas profundidades, as acrobacias no aire dos arroaces, o soplido vertical dun rorcual boreal, unha cría de golfiño común saltando na auga, un grupo de orcas nadando fronte ao faro de Fisterra, ou o avistamento dunha balea azul, o animal máis grande do planeta.
Con esta exposición o Aquarium Finisterrae quere sumarse ao chamamento de Nacións Unidas para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030, en especial no obxectivo 14, que se centra en "Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños". A exposición «Avistamentos atlánticos» desexa contribuír fomentando o coñecemento e uso da biodiversidade mariña a través da práctica de turismo sostible.
Anxo Cao, nacido en San Cibrao, cursou bioloxía na Universidade da Coruña e acabou os seus estudos nas Illas Azores. É neste arquipélago portugués onde comeza a traballar como biólogo e guía na actividade de avistamento de cetáceos. Tamén colabora coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible