3 de outubro de 2022
Para visitar o Aquarium este día é imprescindible reservar entradas.
Con motivo do festivo local da Virxe do Rosario, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae celebran xornada de portas abertas. Unha ocasión para gozar das exposicións interactivas dos tres museos, asistir a unha sesión de planetario ou coñecer as últimas novidades, como a exposición «Fotógrafos da natureza» no Aquarium ou o vídeo do parto da Domus.
As persoas que desexen visitar o Aquarium Finisterrae deberán reservar entradas a través desta páxina. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
Para visitar a Domus pódese realizar reserva de entradas nesta páxina, e para visitar as salas de exposicións da Casa das Ciencias poderanse reservar entradas aquí.
As persoas que ademais queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo. Entregaranse un máximo de 2 invitacións por persoa. A programación do planetario o venres 7 será a seguinte:
11.30 h. «Dinosauros. Unha historia de supervivencia». Galego. Maiores de 6 anos
13.00 h. Sesión en directo sobre o Camiño de Santiago e a Vía Láctea. Maiores de 10 anos
17.00 h. «El cielo de Cloe». Castelán. De 4 a 6 anos
18.00 h «Lévame á Lúa». Galego. Maiores de 10 anos
O horario de apertura nos Museos Científicos Coruñeses será das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible