A fin de semana do 10 e 11 de xuño de 11.30 h a 13.30 h, obradoiros familiares con reserva previa de entrada
Público familiar
Para público en xeral
Os días 10/06/2023 ás 11:30 , 11/06/2023 ás 11:30
Xa rematou
A partir das 10.00 h do mércores 7 de xuño AQUÍ
De 11.30 h a 13.30 h
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
30 cada día
O sábado 10 e o domingo 11 de xuño, en horario de 11.30 h a 13.30 h, haberá talleres de arte efémera destinados a público familiar con nenos e nenas a partir de 6 anos. Esta actividade está pensada para concienciar a cidadanía sobre o gran problema ambiental que é a contaminación dos océanos con plásticos. A partir dunha diversidade de refugallos recolleitos en praias galegas, os participantes poderán crear pequenas esculturas sobre peixes e outros animais mariños, tanto reais como imaxinarios. Os talleres estarán guiados polo colectivo Retoque Retro e a Asociación Mar de fábula. Para participar nesta actividade hai que realizar unha reserva previa na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses, a partir das 10.00 h do mércores día 7 de xuño, e aboar a entrada correspondente ao chegar ao acuario. Os obradoiros teñen unha capacidade máxima diaria de 30 persoas.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible