7 de novembro de 2020
Serán gratuítas para todos os grupos escolares que as soliciten e estarán dispoñibles para todos os niveis educativos.
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrrae desenvolveron un conxunto de actividades para os grupos escolares que desexen visitalos e gozar das súas experiencias sen saír da aula. As visitas virtuais, que se realizarán a través dunha aplicación de videoconferencia, permitirán ademais interactuar coa aula a través do vídeo ou do chat.
A Domus ofrece un completo programa de talleres que inclúen diseccións en directo de corazón, de ollo e de flores, así como visitas virtuais á exposición sobre nutrición, acompañadas de xogos interactivos e experimentos.
No Aquarium Finisterrae haberá visitas guiadas á sala Maremagnum con detemento nos ecosistemas mariños dos grandes acuarios e na vida intermareal da Charca das Caricias. Tamén haberá unha visita á sala Nautilus, onde se poderán coñecer os peixes de maior tamaño que nadan alí, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, así como os bancos de xardas e xurelos.
Os grupos que elixan a Casa das Ciencias poderán descubrir, realizando unha conexión en liña desde a exposición «Puro Swing», os experimentos con péndulos de Galileo e Foucault que cambiaron a historia da ciencia. Unha oportunidade para comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos e aprender a facer maxia con varios péndulos axustados.
Estas visitas virtuais serán gratuítas para todos os grupos escolares que as soliciten, e estarán dispoñibles para todos os niveis educativos.
Máis información e reservas de visita aquí.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible