Son instrumentos de plan cuxa finalidade é ordenar un sector de solo urbanizable delimitado, definido polo Plan Xeral.
Tras a entrada en vigor da Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, é obrigatorio, nos casos sinalados no art. 5 da devandita lei, realizar a avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de plan.
Iniciarase o expediente mediante a presentación ante o Concello dunha solicitude de tramitación, acompañada de dous exemplares do documento de inicio que será remitido polo Concello á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, coa finalidade de que no prazo máximo de tres meses, emitan o denominado documento de referencia, que servirá de guía para a redacción do informe de sustentabilidade ambiental que acompañará o documento do plan parcial.
Onde se fai?
Documentos relacionados

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible