Serán dous clubs de ciencia que se reunirán semanalmente entre outubro do 2020 e xuño do 2021.
Para público en xeral
Dende o 12/10/2020 ata o 14/10/2020
Xa rematou
Nove persoas por cada club de ciencia
29,09 euros
Para persoas de 10 a 14 anos
Tel.: 981 189 840
SAC-Domus_-dinamica-do-sorteo-de-adxudicacion-de-prazas.pdf (55 KB)
Deseñado para mocidade de 10 a 14 anos, haberá dous Science Action Club (SAC) que se reunirán semanalmente na Domus os seguintes días e horas:
Para participar debes preinscribirte neste formulario en liña, onde deberás escoller entre os clubs SAC 1 e SAC 2, que só se diferencian no día no que se acode á Domus cada semana. Entre todas as persoas preinscritas, sortearanse as prazas dispoñibles (consulta as bases do sorteo no documento adxunto).
O Science Action Club, organizado en colaboración coa California Academy of Science de Estados Unidos, é un club de ciencia cidadá para explorar a natureza e aprender ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM). Este programa extraescolar inclúe tres bloques nos que se organizarán as actividades e experiencias: Exploradores de aves, Safari de bichos e Buscadores de nubes.

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible