«Make it Open» é un proxecto educativo que propón traer á aula a filosofía do movemento maker para, dunha forma transversal, desenvolver un enfoque transformador para o ensino e a aprendizaxe STEAM.
Persoal docente e educador
Asociaciones o centros escolares
Dende o 01/09/2022 ata o 02/09/2024
Os Museos Científicos Coruñeses coordinan en España o programa «Make it Open», que propón traer á aula a filosofía do movemento maker para, dunha forma transversal, desenvolver un enfoque transformador para o ensino e a aprendizaxe STEAM. Inscríbese dentro do concepto de Escolas Abertas (Open Schooling).
«Make it Open» desenvolve unha combinación de accións, ferramentas e recursos abertos á comunidade educativa:
· 16 escenarios de aprendizaxe: un marco de apoio que permite aos profesores probar un enfoque de aprendizaxe aberta
· Un grupo de apoio local en 10 países europeos para apoderar as escolas. Os Museos Científicos Coruñeses son os responsables de difundir e coordinar o proxecto en España.
· MOOC: un curso en liña para axudar os mestres e educadores a construír os seus propios escenarios de aprendizaxe
· Navegador: unha plataforma interactiva en liña para axudar os profesores e educadores a navegar polo mundo da educación aberta
COMO COMEZAR?
Para máis información:
https://openschoolingnavigator.eu/é/
Make it Open Schooling Mooc (empeza o 9 de xaneiro de 2023)
Este proxecto recibiu financiamento do programa de investigación e innovación Horizon 2020 da Unión Europea en virtude do acordo de subvención nº 872106
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible