Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Estatal
Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, vixencia establecida no Boletín Oficial do Estado e mentres non se derrogue na súa totalidade cun novo regulamento que desenvolva a vixente Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Co fin de garantir a necesaria seguridade xurídica nun ámbito tan sensible para os dereitos fundamentais como o da protección de datos, o lexislador declarou subsistentes as normas regulamentarias existentes e, en especial, os reais decretos 428/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia de Protección de Datos, 1332/1994, do 20 de xuño, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal e 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, á vez que habilitou o Goberno para a aprobación ou modificación das disposicións regulamentarias necesarias para a aplicación e desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999.
Por outra banda, a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico e a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións atribúenlle competencias en materia sancionadora á Axencia Española de Protección de Datos. Estas requiren de desenvolvemento regulamentario coa peculiaridade de que ambas as normas se ordenan á tutela non só dos dereitos das persoas físicas, senón tamén das xurídicas.

15 de maio de 2026
Está instalada na chaira exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible