Concello da Coruña

Concello da Coruña

RCSP

Rodaxes cinematográficas (solicitude de permiso)

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións

Materia:

Sector público, Urbanismo e infraestruturas, Cultura e ocio

Vixente:

Si

Solicitudes para a realización de rodaxes audiovisuais na cidade, incluíndo reserva temporal de uso de espazo público, cortes de tráfico, actividade en parques, xardíns, cemiterios e outras instalacións públicas, instalación de carpas, escenarios e/ou grupos electrógenos e manipulación de mobiliario urbano.

Existen dúas opcións de tramitación:

Comunicación de rodaxe: simplificado. Só para a realización de rodaxes con equipo material e técnico reducido (menos de 10 persoas), e que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico...Neste suposto debe tramitarse o procedemento "Rodaxes cinematográficos sinxelos: comunicación"

Solicitude de permiso xeral de rodaxe: a través deste procedemento tramitaranse todo o resto de supostos non comprendidos no apartado anteior.

Rodaxes cinematográficas (solicitude de permiso)

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas que desexen realizar rodaxes audiovisuais en espazos públicos no termo municipal

Requisitos:

Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria

Prezo / Custo:

Ordenanza fiscal número 31. Taxa por ocupación temporal de vía pública para rodaxes cinematográficas de carácter publicitario

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Máis información:

Existe un convenio de colaboración coa Academia Galega de Audiovisual para a xestión dun servizo de apoio para a tramitación destes permisos de rodaxe (Galicia Filme Office).

Presentación

Prazo de presentación:

Deberá presentarse a solicitude polo menos, quince días naturais antes do comezo da rodaxe sen cortes de tráfico, uso de espazos de titularidade municilpal ou uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...).

Documentación necesaria:

En todos os casos

  • Solicitude permiso xeral de rodaxe (modelo 096): Solicitude específica
  • Anexo 1 Datos da gravación: Información sobre a gravación: localización, equipo, descrición...
  • Anexo 2 Ocupación de vía pública: Información sobre ocupación de vía pública, cortes de tráfico, reservas de espazo e acceso con vehículos...
  • Anexo 3 Gravacións e requirimentos especiais: Información sobre requisitos especiais: espazos loxísticos, mobiliario urbano, bocas de rega, iluminación...
  • Autorizacións: Autorización para a representación, no seu caso.
  • Seguros: Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil.
  • Taxas: Acreditación da liquidación de taxas (se procede).

En caso de instalación de carpas e escenarios

  • Memoria instalación: Memoria con descrición detallada e especificacións técnicas dos elementos que se prevexa utilizar.
  • Proxectos: Proxecto de instalación subscrito por técnico competente.
  • Certificado: Certificado técnico de estabilidade, montaxe e medidas de seguridade.Antes do inicio da rodaxe.

Á finalización da rodaxe

  • Memoria: Formulario económico.
  • Fotografias: Entrega dun mínimo de 2 fotografías da rodaxe en alta resolución.
  • Copia proxecto: Entrega dunha copia do proxecto rodado na cidade coa autorización para a utilización de imaxes para promoción da cidade.

Documentos relacionados

  • Modelo 096 - Solicitude de permiso xeral de rodaxe (97 KB)
  • Modelo 096 - ANEXO 1 - Solicitude de permiso xeral de rodaxe. Datos da gravación (55 KB)
  • Modelo 096 - ANEXO 2 - Solicitude de permiso xeral de rodaxe. Ocupación de vía pública etc. (59 KB)
  • Modelo 096 - ANEXO 3 - Solicitude de permiso xeral de rodaxe. Gravacións e requirimentos (53 KB)
  • Memoria: informe económico (776 KB)
  • Guía de rodaxe (423 KB)
  • Permiso de rodaxe: autorización de representación (203 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude (modelo 096) e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=782

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Dez días para rodaxes sen cortes de tráfico, nin uso de espazos de titularidade municilpal nin uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...). Vinte días se procede algunha destas incidencias.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Contra a resolución que se dite, poderá interpoñerse:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión