Redrum teatro
Familias
31/03/2019
Xa rematou
18:00 h
50 min
Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147, Bajo. 15007 A Coruña
de balde, até completar capacidade.
Non é preciso recoller invitación previa
981 184 364
FAX: 981 184 365
CORREO ELECTRÓNICO: ccmallos@coruna.es
Fábula dramatizada que fomenta a igualdade, facendo fincapé na igualdade de sexo a través das peripecias dos seus personaxes protagonistas. Un espectáculo que pretende estimular a creatividade dos máis pequenos e potenciar a visión crítica dos maiores.
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores"
"Roedores" é un espectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demáis.
REDRUM TEATRO
Intérpretes: Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez Osorio
Idioma: galego

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible