Unha produción do Centro Dramático Nacional, Cris Balboa e o CDG
Para público en xeral
19/09/2025
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Pídese puntualidade.
75 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Imaxinade que estou en escena soa co meu sinte e estou acolloada. En realidade, fago dunha tía moi nerviosa que se vai enfrontar a algo moi heavy. Non hai nada heavy na miña selección musical, pero intento ser un pouco punkarra porque iso sempre é aplaudido nas performances. Penso no punki e só vexo o tipo con cresta que sempre se me quedaba mirando no Maycar. Estou en escena soa sen cresta e querendo que a xente diga: esta tía é moi punki. Os punkis que coñecín non reciclaban, tiraban os cigarros ao chan e levaban pantalóns apertados con cadeas.
A min gústanme os pantalóns folgados tipo slouchy e reciclo ata a miña regra, así que renuncio definitivamente a ser punki. Imaxinade que empezo escusándome como cando vas falar en inglés e dis "Sorry for my english", porque isto que me propoño é moi difícil. Entón, imaxinade que eu o sei e que vós tamén o sabedes, pero todas somos moi educadas e asumimos que pode darse o acontecemento, e desexamos que suceda algo e que non nos entre o sono.
Obxectivo principal: que a miña audiencia non se durma. Entón podo optar por facer algo entretido, para que o meu público non se durma ou podo xerar un ritmo frenético ata incluso crearlles certa ansiedade. Isto último non é un desexo moi nobre para unha artista que se considera hedonista e que só quere facer que a xente o pase ben. O obxectivo podería ser que o público saíse de verme con ganas de bailar e iso xa me gusta máis. Que digan: "Saín de ver a movida esa de Roland mon amour con ganas de partir a pana e superconcienciada".
Texto, dirección e reparto: Cris Balboa
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible