Concello da Coruña

Concello da Coruña

Semana da Ciencia 2025

Para visitar o Aquarium e asistir ás sesións de planetario na Casa das Ciencias hai que reservar previamente

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2025 ata o 16/11/2025

Xa rematou

Horario:

Das 10.00 ás 19.00 horas todos os días

Último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus

Prezo:

Entrada gratuíta do 8 ao 16 de novembro

AQUARIUM FINISTERRAE con RESERVA DE ENTRADAS, cun máximo de 3 días de antelación, AQUÍ

PLANETARIO da Casa das Ciencias con RESERVA de entradas, con 1 día de antelación, AQUÍ

Documentos:

GUIA-SEMANA-CIENCIA-2025.pdf (4 MB)

Con motivo da Semana da Ciencia, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae terán 9 días consecutivos de entrada gratuíta.

Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se pode facer cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón. Para lles  facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa, se o precisan. En calquera caso, as entradas estarán limitadas por un control de capacidade do recinto.

A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias e Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.

Para asistir a unha das sesións do planetario na Casa das Ciencias si hai que realizar unha reserva de entradas nesta ligazón, que se poderá facer a partir das 9.00 horas do día anterior á sesión.

Programación do planetario

De luns a venres:

  • 18:00 h Sesión en directo, (cast/gal, + 10 anos)

Fins de semana:

  • 11:30 h La noche es necesaria (castelán, +10 anos)

  • 13:00 h A grande aventura do sistema solar (galego, + 4 anos)

  • 17:00 h La gran aventura del sistema solar (castelán, + 4 anos)

  • 18:00 h Sesión en directo, (cast./gal., + 10 anos)

O horario de apertura dos tres museos é das 10.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión