Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2024

Semana Santa nos Museos Científicos Coruñeses

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.

Durante toda a Semana Santa, do 23 de marzo ao 1 de abril, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán a diario das 10.00 ás 19.00 horas. O acceso pecha ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

O Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá do sábado 23 de marzo ao luns 1 de abril catro sesións diarias (os/as menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario):

  • 11.30 h: Lévame á Lúa (+ 10 anos, galego)

  • 13.00 h: Más allá del Sol (6-12 anos, castelán)

  • 17.00 h: Hazelnuts, en busca do planeta perfecto (de 4 a 7 anos, galego)

  • 18.00 h: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, cast./gal.)

O cinema da Domus ofrecerá a proxección de dúas películas a diario entre o 23 de marzo e o 1 de abril:

  • Ás 11.00 e 12.30 horas: «La mujer que soñaba con números». Un documental sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española. Premio Prisma 2023 ao mellor proxecto singular.
  • Ás 17.30 h. «Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi». Un documental sobre a traxectoria deste científico autodidacta que se converteu, tras viaxar ás selvas de África, en prioneiro da moderna primatoloxía. Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión