Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiros de arte efémera no Aquarium Finisterrae

A fin de semana do 10 e 11 de xuño de 11.30 h a 13.30 h, obradoiros familiares con reserva previa de entrada

A quen vai dirixido?:

Público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 10/06/2023 ás 11:30 , 11/06/2023 ás 11:30

Xa rematou

Inscricións:

A partir das 10.00 h do mércores 7 de xuño AQUÍ

Horario:

De 11.30 h a 13.30 h

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

30 cada día

O sábado 10 e o domingo 11 de xuño, en horario de 11.30 h a 13.30 h, haberá talleres de arte efémera destinados a público familiar con nenos e nenas a partir de 6 anos. Esta actividade está pensada para concienciar a cidadanía sobre o gran problema ambiental que é a contaminación dos océanos con plásticos. A partir dunha diversidade de refugallos recolleitos en praias galegas, os participantes poderán crear pequenas esculturas sobre peixes e outros animais mariños, tanto reais como imaxinarios. Os talleres estarán guiados polo colectivo Retoque Retro e a Asociación Mar de fábula. Para participar nesta actividade hai que realizar unha reserva previa na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses, a partir das 10.00 h do mércores día 7 de xuño, e aboar a entrada correspondente ao chegar ao acuario. Os obradoiros teñen unha capacidade máxima diaria de 30 persoas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión