Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres no Aquarium Finisterrae sobre mundo mariño

O sábado 12 de marzo o grupo da Universidade da Coruña UDCiencia d+i atenderá catro talleres en horario de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.30 h

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/03/2022

Xa rematou

Horario:

Das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.30 h

Organiza:

UDCiencia d+i

O Aquarium Finisterrae acolle o sábado 12 de marzo catro talleres experimentais sobre o mundo mariño organizados polo grupo de divulgación e innovación docente UDCiencia d+i. As actividades serán atendidas por profesorado e estudantes da Universidade da Coruña en horario de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.30 h. A participación estará aberta a todas as persoas que visiten o acuario coruñés, polo que é preciso aboar a entrada ao museo con anterioridade.

A xornada será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en experimentos, xogos e actividades. Pero tamén servirá para fomentar entre as e os estudantes, persoal investigador e profesorado universitario o exercicio da divulgación científica.

Os catro talleres que terán lugar son os seguintes:

  • Animais acoirazados: o ourizo de mar | Que tipo de animais son os ourizos de mar? Como viven? De que se alimentan? Que características anatómicas presentan? Son capaces de ver? Para profundar na vida e características destes animais extraordinarios.
  • Cambio climático no mar | O CO2 presente na atmosfera disólvese na auga do mar e produce ácido carbónico. Para explorar cales son as consecuencias desta reacción no ecosistema mariño.
  • Coñezamos as nosas algas | A pesar das súas distintas cores, todas as algas mariñas teñen clorofila. Coa axuda de auga quente descompoñeremos os pigmentos accesorios que, en moitas algas, enmascaran a cor verde da clorofila. Tamén veremos os diferentes usos das algas na industria alimentaria.
  • A que cheira o mar? | Se a auga é un líquido inodoro, por que o mar ten ese cheiro característico? Son iguais os cheiros da terra e do mar? Como e por que percibimos os distintos cheiros e os asociamos con distintos ambientes? Analizamos estas e outras cuestións do olfacto humano.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión