4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae
O Aquarium Finisterrae presenta a exposición «Unha historia de pingüíns», formada por 15 imaxes destas aves antárticas tomadas por Sergey Antonenko, un fotógrafo ucraíno actualmente residente na Coruña. Como apaixonado viaxeiro, dedicou gran parte da súa obra ao tema da auga e os seus habitantes, fotografándoos en lugares como Groenlandia, Islandia, a Antártida, Terra de Lume e Sudáfrica. Os seus traballos foron galardoados en concursos internacionais, como o Prix da Photographie que recibiu en 2025, ou o Paris (PX3) de bronce na categoría «Natureza/Auga», pola súa serie «Icebergs».
As fotografías desta exposición mostran diferentes aspectos da bioloxía, comportamento e hábitat dos pingüíns, así como as ameazas ás que están expostos. Son aves adaptadas á contorna antártico mariño, e a súa historia biolóxica está condicionada polos cambios climáticos que afectan á expansión e contracción dos xeos. Das 18 especies coñecidas, 11 están ameazadas, e o quecemento climático está a provocar o descenso das súas poboacións.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible