Celebrarase na Domus o 31 de outubro ás 20 horas
Público xeral, recomendado a partir de 12 anos
Para público en xeral
31/10/2025
Xa rematou
Aberta a venda de entradas en liña
Ás 20 horas
8,16 euros
Venda de entradas aquí
Neste espectáculo a voz de José Edelstein, físico e divulgador, convértese en fío condutor dun relato onde a ciencia fúndese coa poesía. A música de Lore Edelstein e a voz luminosa da cantante Daniela De Rito trazan constelacións sonoras que nos levan da orixe do universo, ás inquietudes máis esenciais do humano. Unha ponte entre o infinito e o íntimo, entre a beleza da arte e a verdade da ciencia. Unha invitación para mirar o ceo e descubrirnos nel a través de fermosas proxeccións astronómicas que envolven toda a escena.
En «Universo entre cancións» cóntanse historias, con toques de humor e momentos emotivos, que van desde o nacemento do universo, o ceo nocturno como un códice, a épica da súa exploración, o milagre das eclipses e o drama do terraplanismo, a vida e a súa complexidade, o determinismo e o azar, o noso lugar no cosmos e os segredos das súas leis máis íntimas: as da mecánica cuántica.
José Edelstein é profesor na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do IGFAE, obtivo os premios FECYT en 2012 e o Prisma Casa das Ciencias en 2019 e 2023. Destaca o seu traballo como escritor e divulgador científico, sobre todo no seu papel como conferenciante e colaborando con diversos artistas en actividades que fusionan a ciencia e a arte.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible